3 jun 2020

Semana 4-12 de xuño: Antiga Roma

Sesión 1 (xoves 4/venres 5)

Investiga sobre a Historia Antiga de Roma a través dos seguintes documentos:



Audiovisuais Historia Antiga Roma

Sesión 2 (luns 8)

Realiza as actividades interactivas dos temas 11 e 12 do Libro Dixital.

Sesión 3 (martes 9-venres 12)

Escolle un formato de Genially que permita interacción (Learning experience - Retos- Ex: pregunta-resposta / verdadeiro-falso /...) para poder crear un xogo sobre Roma.

O xogo debe ter un mínimo de 10 preguntas/cuestións, acompañadas de documentos/fontes relacionadas.

Venres 12

Último día para publicar a tarefa (Genially) no teu blog. Lembra incluír as Etiquetas da Unidade (UDI 5 Somos Clásic@s) e do curso (1º ESO).

Completa o formulario de autoavaliación das tarefas da UDI 5:

Formulario 1º A  / Formulario 1º B


24 may 2020

Semana 25 de maio- 1 de xuño: Antiga Grecia

Sesión 1 (luns/martes/mércores)

Investiga sobre a Historia Antiga de Grecia a través dos seguintes documentos:


 Audiovisual Academia Play: https://www.youtube.com/watch?v=9LMlD7L4Vdk&feature=emb_title

Sesión 2 (mércores/xoves/venres)

Escolle un formato de Genially que permita interacción (Learning experience - Retos- Ex: pregunta-resposta / verdadeiro-falso /...) para poder crear un xogo sobre Grecia.

No xogo (dun mínimo de 10 preguntas/cuestións, acompañadas de documentos/fontes relacionadas) deben aparecen referencias aos seguintes feitos/acontecementos:
- Época Arcaica
- Polis
- Colonización
- Época Clásica
- Atenas-Esparta
- Guerras Médicas
- Guerra Peloponeso
- Pericles
- Época Helenística
- Alejandro Magno
- Mitoloxía
- Arte
- Cultura

Titorial para craer test con Genially: https://www.youtube.com/watch?v=8iItuwt-Sog.

Sesión 3 (luns 1 xuño)

Último día para publicar a tarefa (Genially) no teu blog. Lembra incluír as Etiquetas da Unidade (UDI 5 Somos Clásic@s) e do curso (1º ESO).

Sesión 4 (martes 2/mércores 3)

Conexión on line.

19 may 2020

Aprende a... poñer "Etiquetas"

As "Etiquetas" nos permiten organizar as entradas do noso blog por contidos ou temáticas. Son imprescindibles para manter un espazo virtual ordenado e accesible.

Toma nota do titorial e practica no teu blog:

9 may 2020

Semana 11-15 de maio: Exipto.

A nosa viaxe no tempo esta semana está centrada na cultura exipcia.

O luns 11: é o último día para publicar no teu blog o mapa conceptual (dixital) ou visual thinking sobre a cultura exipcia.

O martes 12 (B) / mércores 13 (A): a clase é virtual, por meet; a través de fontes primarias e artísticas repasamos os principais trazos característicos da cultura exipcia.

xoves 14 (B) / venres 15 (A): hoxe toca avaliar:

1º) completa ao tempo que revisas/repasas as tarefas publicadas no teu blog:

A: Formulario Autoavaliación UDI 4 1º A

B: Formulario Autoavaliación UDI 4 1º B

2º) pon a proba os teus coñecementos contestando ao cuestionario:

A: Test Avaliación UDI 4

B: Test Avaliación UDI 4

Nas seguintes entradas do blog podes seguir afondando no tema:
Arte                         Audiovisuais                    Mitoloxía e cine

5 may 2020

Semana 5-8 de maio: Mesopotamia e Exipto.

Seguimos viaxando no tempo por Mesopotamia e por Exipto (UDI 4).

O martes 5/mércores 6:

Sesión on line (explicación, correccións e resolución de dúbidas).
Repasamos os principais trazos da cultura mesopotámica a través de fontes primarias e artísticas.



O xoves 7/venres 8:
Emprega o libro de texto (da páxina 178 á 183) para elaborar (escolle) un mapa conceptual (dixital) ou un visual thinking sobre a cultura exipcia.

Debes diferenciar catro apartados/bloques temáticos: economía, política, sociedade e cultura/relixión/arte e incluír os seguintes termos:
  • Nilo/limo/canles/diques/pesca/papiro.
  • Agricultura/gandaría/artesanía/comercio.
  • Alto Exipto/baixo Exipto
  • Imperio Antigo: Narmer, Menfis, Keops, Kefrén e Micerinos.
  • Imperio Medio: Sesostris III, Tebas, hicsos.
  • Imperio Novo: máxima expansión territorial, hipoxeos e templos, Akenatón, Nefertiti, Ramsés II ou Hatsheptut.
  • Organización social xerarquizada: faraón, nobres e sacerdotes, artesáns, mercadores, campesiños e escravos.
  • Escritura xeroglífica.
  • Coñecemento científico.
  • Relixión politeísta.
  • Crenzas funerarias.
  • Arquitectura (templos e tumbas).
  • Escultura.
  • Pintura.
Podes ampliar e afondar nos contidos a través dos seguintes audiovisuais publicados noutra entrada do blog: https://porquesomoshistoria.blogspot.com/2019/04/exipto_22.html.
Nesta ligazón atoparás unha recomendación cinematográfica.

26 abr 2020

Semana 27-30 abril: Mesopotamia.

Seguimos viaxando no tempo por Mesopotamia (UDI 4).

O luns 27 e o martes 28:
Emprega o libro de texto (da páxina 172 a 177) para elaborar (escolle) un mapa conceptual (dixital) ou un visual thinking sobre a cultura mesopotámica.

Debes diferenciar catro apartados/bloques temáticos: economía, política, sociedade e cultura/relixión/arte e incluír os seguintes termos:
  • Crecente fértil
  • Trigre e Éufrates
  • Técnicas de irrigación
  • Agricultura/gandaría/artesanía/comercio
  • Cidade-estados
  • Imperios: sumerio, acadio, babilónico e asirio.
  • Códigos de leis (Código Hammurabi).
  • Organización social xerarquizada: rei, nobres e sacerdotes, artesáns, mercadores, campesiños e escravos.
  • Escritura pictográfica e cuneiforme.
  • Matemáticas, astronomía e calendario.
  • Relixión politeísta.
  • Arco e bóveda.
  • Cigurats
  • Escultura
  • Relevos
Podes ampliar e afondar nos contidos a través dos seguintes audiovisuais publicados noutra entrada do blog: https://porquesomoshistoria.blogspot.com/2018/04/viaxe-polo-tempo.html.

O mércores 29/xoves 30:
Sesión on line (explicación, correccións e resolución de dúbidas).

20 abr 2020

Semana 20-24 de abril

Bo día! Esta semana remataremos, revisaremos e corrixiremos o traballo da semana anterior. Resumo:

O luns 20: último día para rematar as actividades da semana anterior (completar a presentación e realizar o cuestionario).

O martes 21/mércores 22: clase on line para corrixir as preguntas do cuestionario: 1ºB martes 12:30 / 1ºA mércores 09:20 (a ligazón para acceder a videochamada estará no recordotario da plataforma e só estará visible durante a clase).

O xoves 23/venres 24: volvemos a responder ao cuestionario seguindo as pautas propostas:

1) non miramos a solución ata contestar a pregunta e

2) corriximos os erros noutra cor.





Ao finalizar publicamos os resultados no noso blog persoal. E se sobra tempo e queres afondar podes facer o cuestionario do outro grupo, neste caso non é necesario anotar as respostas.

13 abr 2020

Semana 14-17 de abril

Bo día! Esta semana, coma é costume cando iniciamos trimestre, repasamos os contidos máis importantes ("os imprescindibles") da avaliación anterior que volverán a entrar nesta avaliación.

O mércores en 1ºA e o xoves en 1º B darei as indicacións necesarias para realizar as actividades desta semana a través dunha videochamada (Meet), conéctate á hora de clase.

Martes 14/mércores 15

Elaboraremos entre tod@s un cuestionario de repaso, a través dunha presentación de google. Na presentación atoparás dúas diapositivas que levan o teu nome asociado a un tema: na primeira, empregando un documento xeográfico de referencia, debes facer unha pregunta relacionada co tema; e na segunda dar a solución/resposta.
As preguntas deben manter relación cos contidos traballados en clase. AQUÍ podes consultar as actividades da última avaliación (pdf). O último día que terás permiso para editar será o xoves:

PRESENTACIÓN-CUESTIONARIO 1º A

PRESENTACIÓN-CUESTIONARIO 1º B


Xoves 16/venres 17

Hoxe toca contestar ao cuestionario. É importante que o fagas nun documento de google que poidas publicar despois no teu blog a través dunha ligazón. Antes de ver a resposta debes contestar no teu documento, despois de contestar pasa a diapositiva para ver a solución, se a túa resposta non é correcta corrixe en vermello.

Despois de realizar o cuestionario do teu grupo se queres seguir repasando podes facer o cuestionario do outro grupo (esta última actividade é opcional).

2 abr 2020

Semana 30 marzo-3 abril

O luns 30 tivemos unha videoconferencia para explicar o traballo programado para esta semana (completar o proxecto de "Arqueólog@s por un día"). Por se alguén non pode acceder á plataforma repito as indicacións por esta vía:

O martes 31/mércores 1:
Completa e publica no teu blog o Diario de Aprendizaxe Persoal (Arqueólog@s  por un día)
Redacta (10/15 liñas):
Como desenvolvín o meu rol...
En equipo aprendín a...
O máis difícil...
O máis divertido da tarefa...
O mellor de todo...
Utiliza o vocabulario histórico e artístico imprescindible para cada época: Prehistoria, Arqueoloxía, Petróglifo, Arte Rupestre, Idade do Bronce e outros termos relacionados.

O xoves 2/venres 3:
Completa e mellora coa axuda do teu equipo o artigo da tarefa cooperativa de "Arqueólog@s por un día".
Tede en conta as coavalicións de otros equipos e a parte da rúbrica de avaliación referida aos "CONTIDOS DA REPORTAXE" publicada no blog. Ánimo!

23 mar 2020

Viaxe no tempo

Bo día! Esta semana realizaremos actividades de introdución á seguinte unidade de historia.

O luns 23:

Realiza a lectura do tema 9 do libro dixital ("As primeiras civilizacións"). Durante a lectura anota nunha entrada do teu blog os termos de vocabulario máis releventes. Exemplos: Crecente Fértil, Cigurat,...

O martes 24/mércores 25:

Engade a entrada do teu blog os seguintes termos,  diferencia se pertencen a cultura mesopotámica ou a exipcia e realiza unha definición breve de cada termo (podes asociar cada termo cunha imaxe/exemplo):
  1. - Babilonios:
  2. - Código de Hammurabi:
  3. - Escritura xeroglífica:
  4. - Escritura cuneiforme:
  5. - Faraón:
  6. - Sumerios:
  7. - Hipoxeo:
  8. - Cigurat:
  9. - Mastaba:
  10. - Ur:
  11. - Osiris:
  12. - Acadios:
  13. - Pirámide: 
  14. - Uruk:
  15. - Politeismo: 
  16. - Asirios:
Exemplo: 
Cigurat: tempo sumerio con forma de torre graduada.
Reconstrucción informática do Cigurat de Ur














xoves 26/venres 27:

1º) Contesta ao seguinte formulariohttps://forms.gle/2SnBNg97MCZ1NdjWA.


2º) Para saber cantas Culturas, ademais da Mesopotámica e da Exipcia, forman parte da Idade Antiga presta moita atención ao seguinte documento audiovisual:







17 mar 2020

Realiza un mapa conceptual sobre as Idades da Prehistoria

Realiza un mapa conceptual sobre as Idades da Prehistoria. Podes empregar a aplicación de GoConqr ou outra similar. Para documentarte usa o libro dixital ou os vídeos publicados no blog.

Lembra incluír os seguintes conceptos:
  • Paleolítico: hominidos (Australopithecus, Homo habilis, Homo erectus, Homo antecesor, Homo neanderthalensis, Homo sapiens) e as súas características, economía depredadora, nomadismo, clans, arte rupestre, arte mobiliar, venus, pintura rupestre.
  • Neolítico: petróglifos, sedentarismo, economía produtora, gandaría, agricultura, cerámica, troco, megálitos, dolmens, menhires, crómlechs.
  • Idade dos metais: metalurxia, comercio, novos inventos, líderes, castros, novos oficios,...
Podes consultar os termos de vocabulario pinchando aquí.

Unha vez rematado sube o mapa conceptual ao teu blog.


Unha recomendación para bailar despois de rematar a xornada de traballo de hoxe: 

Coldplay - Adventure Of A Lifetime



13 feb 2020

Arqueólogos por un día

Consulta a PROGRAMACIÓN do proxecto.


RÚBRICA DE AVALIACIÓN





MS

     S    A    NA

NOTA
INDIVIDUAL
ENTRADA NO BLOG 
VISITA DUN ARQUEÓLOGO

Comprende que a historia non se pode escribir sen fontes, sexan estas restos materiais ou textuais.
Que preguntarías a un arqueólog@?
Que é a Prehistoria?
E a Arqueoloxía?
En que consiste o traballo dun arqueólogo?
Que fontes e instrumentos empregan @s arqueólog@s?
 (20 liñas se é letra pequena)
Acompaña imaxes
Responde a todas as preguntas afondando na temática
Responde a todas as preguntas sen afondar na temática proposta
Non responde a todas as preguntas
CADERNO DE TRABALLO EN EQUIPO CAMPO LAMEIRO

Identifica elementos materiais, culturais ou ideolóxicos que son herdanza do pasado.
Como se desenvolveu a VISITA AO PAAR CAMPO LAMEIRO? Como desenvolvín  meu rol? Que preguntei? Que anotei? Que fotos saquei?

Completa todos os apartados afondando na temática e
utilizando o vocabulario histórico e artístico adecuado.
Completa todos os apartados afondando na temática.
Completa todos os apartados sen afondar na temática.
Non completa todos os apartados.
ENTRADA NO BLOG
DIARIO DE APRENDIZAXE
Utiliza o vocabulario histórico e artístico imprescindible para cada época.
Prehistoria, Arqueoloxía, Petróglifo, Arte Rupestre, Idade do Bronce e outros termos relacionados.
Redacta:
Como desenvolvín o meu roll...
En equipo aprendín a...
O máis difícil...
O máis divertido da tarefa...
O mellor de todo...


(10/15 liñas)
Emprega o vocabulario proposto con orixinalidade e creatividade afondando na temática.
Emprega o vocabulario proposto afondando na temática.
Emprega o vocabulario proposto sen afondar.
Non emprega o vocabulario proposto.


CONTIDOS DA
REPORTAXE
ENTRADA 
(NOTA EQUIPO)

¿COMO ERA A VIDA EN GALICIA NA IDADE DE BRONCE?
Identifica elementos materiais, culturais ou ideolóxicos que son herdanza do pasado.
CLASIFICACIÓN E COMENTARIO DOS PETRÓGLIFOS DE CAMPO LAMEIRO.
-Tipo de fonte:
- Cronoloxía (cando se realizou?):
- Localización (onde? describe a zona: relevo, vexetación ou clima):
-Temática:
-Significado:
- Valor cultural
(10/15 liñas + fotografías)
Comenta e trata con orixinalidade todos os apartados afondando na temática
Comenta todos os apartados afondando na temática
Comenta todos os apartados sen afondar na temática proposta
Non comenta todos os apartados
Comprende que a historia non se pode escribir sen fontes, sexan estas restos materiais ou textuais.
Utiliza o vocabulario histórico e artístico imprescindible para cada época.
¿COMO ERA A VIDA NA IDADE DE BRONCE?
. Cronoloxía
. Actividades económicas (agricultura, gandaría, caza e artesanía)
e dieta.
. Sociedade (predominio dos guerreiros, armas,..)
. Vivendas
. Rituais funerarios
(10/15 liñas + fotografías)
Comenta e trata con orixinalidade todos os apartados afondando na temática
Comenta todos os apartados afondando na temática
Comenta todos os apartados sen afondar na temática proposta
Non comenta todos os apartados