3 jun 2020

Semana 4-12 de xuño: Antiga Roma

Sesión 1 (xoves 4/venres 5)

Investiga sobre a Historia Antiga de Roma a través dos seguintes documentos:



Audiovisuais Historia Antiga Roma

Sesión 2 (luns 8)

Realiza as actividades interactivas dos temas 11 e 12 do Libro Dixital.

Sesión 3 (martes 9-venres 12)

Escolle un formato de Genially que permita interacción (Learning experience - Retos- Ex: pregunta-resposta / verdadeiro-falso /...) para poder crear un xogo sobre Roma.

O xogo debe ter un mínimo de 10 preguntas/cuestións, acompañadas de documentos/fontes relacionadas.

Venres 12

Último día para publicar a tarefa (Genially) no teu blog. Lembra incluír as Etiquetas da Unidade (UDI 5 Somos Clásic@s) e do curso (1º ESO).

Completa o formulario de autoavaliación das tarefas da UDI 5:

Formulario 1º A  / Formulario 1º B


24 may 2020

Semana 25 de maio- 1 de xuño: Antiga Grecia

Sesión 1 (luns/martes/mércores)

Investiga sobre a Historia Antiga de Grecia a través dos seguintes documentos:


 Audiovisual Academia Play: https://www.youtube.com/watch?v=9LMlD7L4Vdk&feature=emb_title

Sesión 2 (mércores/xoves/venres)

Escolle un formato de Genially que permita interacción (Learning experience - Retos- Ex: pregunta-resposta / verdadeiro-falso /...) para poder crear un xogo sobre Grecia.

No xogo (dun mínimo de 10 preguntas/cuestións, acompañadas de documentos/fontes relacionadas) deben aparecen referencias aos seguintes feitos/acontecementos:
- Época Arcaica
- Polis
- Colonización
- Época Clásica
- Atenas-Esparta
- Guerras Médicas
- Guerra Peloponeso
- Pericles
- Época Helenística
- Alejandro Magno
- Mitoloxía
- Arte
- Cultura

Titorial para craer test con Genially: https://www.youtube.com/watch?v=8iItuwt-Sog.

Sesión 3 (luns 1 xuño)

Último día para publicar a tarefa (Genially) no teu blog. Lembra incluír as Etiquetas da Unidade (UDI 5 Somos Clásic@s) e do curso (1º ESO).

Sesión 4 (martes 2/mércores 3)

Conexión on line.

19 may 2020

Aprende a... poñer "Etiquetas"

As "Etiquetas" nos permiten organizar as entradas do noso blog por contidos ou temáticas. Son imprescindibles para manter un espazo virtual ordenado e accesible.

Toma nota do titorial e practica no teu blog: