23 mar 2020

Viaxe no tempo

Bo día! Esta semana realizaremos actividades de introdución á seguinte unidade de historia.

O luns 23:

Realiza a lectura do tema 9 do libro dixital ("As primeiras civilizacións"). Durante a lectura anota nunha entrada do teu blog os termos de vocabulario máis releventes. Exemplos: Crecente Fértil, Cigurat,...

O martes 24/mércores 25:

Engade a entrada do teu blog os seguintes termos,  diferencia se pertencen a cultura mesopotámica ou a exipcia e realiza unha definición breve de cada termo (podes asociar cada termo cunha imaxe/exemplo):
  1. - Babilonios:
  2. - Código de Hammurabi:
  3. - Escritura xeroglífica:
  4. - Escritura cuneiforme:
  5. - Faraón:
  6. - Sumerios:
  7. - Hipoxeo:
  8. - Cigurat:
  9. - Mastaba:
  10. - Ur:
  11. - Osiris:
  12. - Acadios:
  13. - Pirámide: 
  14. - Uruk:
  15. - Politeismo: 
  16. - Asirios:
Exemplo: 
Cigurat: tempo sumerio con forma de torre graduada.
Reconstrucción informática do Cigurat de Ur














xoves 26/venres 27:

1º) Contesta ao seguinte formulariohttps://forms.gle/2SnBNg97MCZ1NdjWA.


2º) Para saber cantas Culturas, ademais da Mesopotámica e da Exipcia, forman parte da Idade Antiga presta moita atención ao seguinte documento audiovisual:







17 mar 2020

Realiza un mapa conceptual sobre as Idades da Prehistoria

Realiza un mapa conceptual sobre as Idades da Prehistoria. Podes empregar a aplicación de GoConqr ou outra similar. Para documentarte usa o libro dixital ou os vídeos publicados no blog.

Lembra incluír os seguintes conceptos:
  • Paleolítico: hominidos (Australopithecus, Homo habilis, Homo erectus, Homo antecesor, Homo neanderthalensis, Homo sapiens) e as súas características, economía depredadora, nomadismo, clans, arte rupestre, arte mobiliar, venus, pintura rupestre.
  • Neolítico: petróglifos, sedentarismo, economía produtora, gandaría, agricultura, cerámica, troco, megálitos, dolmens, menhires, crómlechs.
  • Idade dos metais: metalurxia, comercio, novos inventos, líderes, castros, novos oficios,...
Podes consultar os termos de vocabulario pinchando aquí.

Unha vez rematado sube o mapa conceptual ao teu blog.


Unha recomendación para bailar despois de rematar a xornada de traballo de hoxe: 

Coldplay - Adventure Of A Lifetime