A nosa viaxe no tempo esta semana está centrada na cultura exipcia.
O luns 11: é o último día para publicar no teu blog o mapa conceptual (dixital) ou visual thinking sobre a cultura exipcia.
O martes 12 (B) / mércores 13 (A): a clase é virtual, por meet; a través de fontes primarias e artísticas repasamos os principais trazos característicos da cultura exipcia.
O xoves 14 (B) / venres 15 (A): hoxe toca avaliar:
1º) completa ao tempo que revisas/repasas as tarefas publicadas no teu blog:
A: Formulario Autoavaliación UDI 4 1º A
B: Formulario Autoavaliación UDI 4 1º B
2º) pon a proba os teus coñecementos contestando ao cuestionario:
A: Test Avaliación UDI 4
B: Test Avaliación UDI 4
Nas seguintes entradas do blog podes seguir afondando no tema:
Arte Audiovisuais Mitoloxía e cine
Etiquetas
- UDI 1 Viaxando polo mundo
- UDI 2 Viaxando por Europa
- UDI 3 Arqueólog@s por un día
- UDI 4 Viaxe polo tempo
- UDI 5 Somos Clásicos
Mostrando entradas con la etiqueta UDI 4 Viaxe polo tempo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta UDI 4 Viaxe polo tempo. Mostrar todas las entradas
9 may 2020
5 may 2020
Semana 5-8 de maio: Mesopotamia e Exipto.
Seguimos viaxando no tempo por Mesopotamia e por Exipto (UDI 4).
O martes 5/mércores 6:
Sesión on line (explicación, correccións e resolución de dúbidas).
Repasamos os principais trazos da cultura mesopotámica a través de fontes primarias e artísticas.
O xoves 7/venres 8:
Repasamos os principais trazos da cultura mesopotámica a través de fontes primarias e artísticas.
O xoves 7/venres 8:
Emprega o libro de texto (da páxina 178 á 183) para elaborar (escolle) un mapa conceptual (dixital) ou un visual thinking sobre a cultura exipcia.
Debes diferenciar catro apartados/bloques temáticos: economía, política, sociedade e cultura/relixión/arte e incluír os seguintes termos:
- Nilo/limo/canles/diques/pesca/papiro.
- Agricultura/gandaría/artesanía/comercio.
- Alto Exipto/baixo Exipto
- Imperio Antigo: Narmer, Menfis, Keops, Kefrén e Micerinos.
- Imperio Medio: Sesostris III, Tebas, hicsos.
- Imperio Novo: máxima expansión territorial, hipoxeos e templos, Akenatón, Nefertiti, Ramsés II ou Hatsheptut.
- Organización social xerarquizada: faraón, nobres e sacerdotes, artesáns, mercadores, campesiños e escravos.
- Escritura xeroglífica.
- Coñecemento científico.
- Relixión politeísta.
- Crenzas funerarias.
- Arquitectura (templos e tumbas).
- Escultura.
- Pintura.
Podes ampliar e afondar nos contidos a través dos seguintes audiovisuais publicados noutra entrada do blog: https://porquesomoshistoria.blogspot.com/2019/04/exipto_22.html.
Nesta ligazón atoparás unha recomendación cinematográfica.
26 abr 2020
Semana 27-30 abril: Mesopotamia.
Seguimos viaxando no tempo por Mesopotamia (UDI 4).
O luns 27 e o martes 28:
Emprega o libro de texto (da páxina 172 a 177) para elaborar (escolle) un mapa conceptual (dixital) ou un visual thinking sobre a cultura mesopotámica.
Debes diferenciar catro apartados/bloques temáticos: economía, política, sociedade e cultura/relixión/arte e incluír os seguintes termos:
- Crecente fértil
- Trigre e Éufrates
- Técnicas de irrigación
- Agricultura/gandaría/artesanía/comercio
- Cidade-estados
- Imperios: sumerio, acadio, babilónico e asirio.
- Códigos de leis (Código Hammurabi).
- Organización social xerarquizada: rei, nobres e sacerdotes, artesáns, mercadores, campesiños e escravos.
- Escritura pictográfica e cuneiforme.
- Matemáticas, astronomía e calendario.
- Relixión politeísta.
- Arco e bóveda.
- Cigurats
- Escultura
- Relevos
Podes ampliar e afondar nos contidos a través dos seguintes audiovisuais publicados noutra entrada do blog: https://porquesomoshistoria.blogspot.com/2018/04/viaxe-polo-tempo.html.
O mércores 29/xoves 30:
Sesión on line (explicación, correccións e resolución de dúbidas).
23 mar 2020
Viaxe no tempo
Bo día! Esta semana realizaremos actividades de introdución á seguinte unidade de historia.
O luns 23:
Realiza a lectura do tema 9 do libro dixital ("As primeiras civilizacións"). Durante a lectura anota nunha entrada do teu blog os termos de vocabulario máis releventes. Exemplos: Crecente Fértil, Cigurat,...
O martes 24/mércores 25:
Engade a entrada do teu blog os seguintes termos, diferencia se pertencen a cultura mesopotámica ou a exipcia e realiza unha definición breve de cada termo (podes asociar cada termo cunha imaxe/exemplo):
O xoves 26/venres 27:
1º) Contesta ao seguinte formulario: https://forms.gle/2SnBNg97MCZ1NdjWA.
2º) Para saber cantas Culturas, ademais da Mesopotámica e da Exipcia, forman parte da Idade Antiga presta moita atención ao seguinte documento audiovisual:

- - Babilonios:
- - Código de Hammurabi:
- - Escritura xeroglífica:
- - Escritura cuneiforme:
- - Faraón:
- - Sumerios:
- - Hipoxeo:
- - Cigurat:
- - Mastaba:
- - Ur:
- - Osiris:
- - Acadios:
- - Pirámide:
- - Uruk:
- - Politeismo:
- - Asirios:
Exemplo:
Cigurat: tempo sumerio con forma de torre graduada.
![]() |
| Reconstrucción informática do Cigurat de Ur |
O xoves 26/venres 27:
1º) Contesta ao seguinte formulario: https://forms.gle/2SnBNg97MCZ1NdjWA.
2º) Para saber cantas Culturas, ademais da Mesopotámica e da Exipcia, forman parte da Idade Antiga presta moita atención ao seguinte documento audiovisual:
11 may 2019
22 abr 2019
9 abr 2018
Mesopotamia
- Para leer: tema 9 do libro de texto (puntos 1, 2 e 3 ).
- Para ampliar/visualizar:
- Para ver arte:
- Para repasar:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)