24 may 2020

Semana 25 de maio- 1 de xuño: Antiga Grecia

Sesión 1 (luns/martes/mércores)

Investiga sobre a Historia Antiga de Grecia a través dos seguintes documentos:


 Audiovisual Academia Play: https://www.youtube.com/watch?v=9LMlD7L4Vdk&feature=emb_title

Sesión 2 (mércores/xoves/venres)

Escolle un formato de Genially que permita interacción (Learning experience - Retos- Ex: pregunta-resposta / verdadeiro-falso /...) para poder crear un xogo sobre Grecia.

No xogo (dun mínimo de 10 preguntas/cuestións, acompañadas de documentos/fontes relacionadas) deben aparecen referencias aos seguintes feitos/acontecementos:
- Época Arcaica
- Polis
- Colonización
- Época Clásica
- Atenas-Esparta
- Guerras Médicas
- Guerra Peloponeso
- Pericles
- Época Helenística
- Alejandro Magno
- Mitoloxía
- Arte
- Cultura

Titorial para craer test con Genially: https://www.youtube.com/watch?v=8iItuwt-Sog.

Sesión 3 (luns 1 xuño)

Último día para publicar a tarefa (Genially) no teu blog. Lembra incluír as Etiquetas da Unidade (UDI 5 Somos Clásic@s) e do curso (1º ESO).

Sesión 4 (martes 2/mércores 3)

Conexión on line.

19 may 2020

Aprende a... poñer "Etiquetas"

As "Etiquetas" nos permiten organizar as entradas do noso blog por contidos ou temáticas. Son imprescindibles para manter un espazo virtual ordenado e accesible.

Toma nota do titorial e practica no teu blog:

9 may 2020

Semana 11-15 de maio: Exipto.

A nosa viaxe no tempo esta semana está centrada na cultura exipcia.

O luns 11: é o último día para publicar no teu blog o mapa conceptual (dixital) ou visual thinking sobre a cultura exipcia.

O martes 12 (B) / mércores 13 (A): a clase é virtual, por meet; a través de fontes primarias e artísticas repasamos os principais trazos característicos da cultura exipcia.

xoves 14 (B) / venres 15 (A): hoxe toca avaliar:

1º) completa ao tempo que revisas/repasas as tarefas publicadas no teu blog:

A: Formulario Autoavaliación UDI 4 1º A

B: Formulario Autoavaliación UDI 4 1º B

2º) pon a proba os teus coñecementos contestando ao cuestionario:

A: Test Avaliación UDI 4

B: Test Avaliación UDI 4

Nas seguintes entradas do blog podes seguir afondando no tema:
Arte                         Audiovisuais                    Mitoloxía e cine

5 may 2020

Semana 5-8 de maio: Mesopotamia e Exipto.

Seguimos viaxando no tempo por Mesopotamia e por Exipto (UDI 4).

O martes 5/mércores 6:

Sesión on line (explicación, correccións e resolución de dúbidas).
Repasamos os principais trazos da cultura mesopotámica a través de fontes primarias e artísticas.



O xoves 7/venres 8:
Emprega o libro de texto (da páxina 178 á 183) para elaborar (escolle) un mapa conceptual (dixital) ou un visual thinking sobre a cultura exipcia.

Debes diferenciar catro apartados/bloques temáticos: economía, política, sociedade e cultura/relixión/arte e incluír os seguintes termos:
  • Nilo/limo/canles/diques/pesca/papiro.
  • Agricultura/gandaría/artesanía/comercio.
  • Alto Exipto/baixo Exipto
  • Imperio Antigo: Narmer, Menfis, Keops, Kefrén e Micerinos.
  • Imperio Medio: Sesostris III, Tebas, hicsos.
  • Imperio Novo: máxima expansión territorial, hipoxeos e templos, Akenatón, Nefertiti, Ramsés II ou Hatsheptut.
  • Organización social xerarquizada: faraón, nobres e sacerdotes, artesáns, mercadores, campesiños e escravos.
  • Escritura xeroglífica.
  • Coñecemento científico.
  • Relixión politeísta.
  • Crenzas funerarias.
  • Arquitectura (templos e tumbas).
  • Escultura.
  • Pintura.
Podes ampliar e afondar nos contidos a través dos seguintes audiovisuais publicados noutra entrada do blog: https://porquesomoshistoria.blogspot.com/2019/04/exipto_22.html.
Nesta ligazón atoparás unha recomendación cinematográfica.