14 may 2018

Avaliación Inicial

Corriximos por puntos: cabezas numeradas + rol xiratorio (5/10 minutos para cada rotación, un chromebook por equipo):

1- lee o punto (texto) en alto ao tempo que corrixe;
2- revisa ou facilita as respostas (un chromebook);
3- toma notas (folio de apuntamentos por apartados);
4- escoita para parafrasear/resunir cando remate a corrección.

Rotamos 3 veces.

 

9 may 2018

Escoita Activa


Para escoitar activamente as persoas que nos rodean temos que poñer os cinco sentidos:

  1. oído: escoita con atención;
  2. vista: mira a quen che fala;
  3. gusto: pecha a boca: non interrompas;
  4. tacto: non xulgues, respecta os sentimentos dos demais;
  5. e olfacto: mostra interese, pregunta, resume ou parafrasea, intentando comprender a persoa que fala.