3 oct 2009

¿Por que o "mar vermello" recibe este nome?


O mar era chamado «golfo Arábigo» pola maioría dos europeos ata o século XX. Os primeiros historiadores gregos: Heródoto, Estrabón e Ptolomeo; chamábano «Arabicus Sinus», reservándose o nome de «Mare Erythrias» (mar Vermello) para as augas ao sur de Arabia, a rexión que hoxe coñecemos coma océano Índico.

¿A que fai referncia o nome?

Existen un sen fin de teorías:

  1. Pode aludir as floracións estacionais da cianobacteria (Trichodesium erythraeum), algas verdeazuadas, cerca da superficie da auga.
  2. O nome pode referirse as montañas cercanas, ricas en minerais vermellos (montañas rubí).
  3. A orixe do nome pode vir dun error de tradución de textos bíblicos do Éxodo ao pasar do hebreo ao grego. A tradución correcta sería a de «mar de xuncos». Xunco en inglés é «reed» (vermello) .
  4. Outra teoría afirma que o nome provén dos himaritas, unha tribo local cuxo nome significa «vermello».
  5. Existe tamén a teoría de que a cor correspondería a unha dirección xeográfica. Neste caso «vermello» serviría para referirse ao «sur» namentres que o mar Negro correspondería ao «norte».

O himalaia segue a crecer


As montañas do Himalaia foron creadas fai 70 millóns de anos polo encontronazo de dúas pracas tectónicas: cando a praca da India incidiu sobre a Eurasiática.

O Himalaia aínda segue crecendo a razón duns poucos milímetros por ano (podes pinchar aquí ou aquí para ler algo máis sobre o tema).